Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CREACION DE EMPREGO SERA O OBXECTIVO DESTE ANO DA MANCOMUNIDADE DO SALNES
A creación de emprego será o principal obxectivo das iniciativas que porá en marcha este ano o Concello de Vilanova e a Mancomunidade do Salnés. O alcalde e Presidente da entidade comarcal, Gonzalo Durán, anunciou esta mañá que ten xa solicitada unha entrevista co Conselleiro de Industria, Francisco Conde, para analizar as posibilidades de promover a actividade empresarial. Asimesmo, dende a Mancomunidade do Salnés tentarase asinar un convenio de colaboración con México para promocionar o tecido empresarial da comarca. Son datos que ofrecía Gonzalo Durán esta mañán na sua habitual rolda de…
Read the full description
prensa dos venres, e que recollemos en AROUSA SI RADIO. Gonzalo Durán tamén se refería o grave problema de pingueiras que padece dende hai tempo o centro de saúde de Vilanova e que se agravou nos últimos 15 días por mor da intensa chuvia. O alcalde de Vilanova anunciou que hoxe se dirixen ó centro de saude técnicos da consellería de Sanidade para comprobar o estado das instalacións, xa que son de titulariedade da Xunta, pero a nivel persoal, criticou a instalación de cubertas planas nos edificios públicos.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.