Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DIRECCIÓN DE LANTERO E COMITE DE EMPRESA NON CHEGARON A ACORDO NA XUNTANZA DE ONTE PERO SI ACERCARON POSTURAS
A reunión de onte entre a dirección de Lantero e o comité de empresa rematou sen acordo unha vez mais, pero con importantes avances na negociación. Despois de que a empresa presentase o pasado luns un novo ERE con 55 despedimentos, durante a cita de onte formulou cambiar este ERE por un temporal e deixar en cero os despedimentos. A empresa aceptou as propostas do comité en canto a prexubilacións, despedimentos voluntarios e mostrouse disposta a non executar as externalizaciones se se chegaba a un acordo na contención salarial e na flexibilidade nos horarios. A cambio, a firma cartoneira…
Read the full description
esixiu a suspensión inmediata da folga para retomar a actividade dentro dun marco de "paz social". Pero o comité de empresa de Lantero non estivo de acordo en deixar a folga, e polo tanto, non se chegou finalmente a ningún acordo. Tampouco hai datas confirmadas para unha seguinte reunión. O comité solicitou de novo a mediación da Consellería de Traballo e Benestar Social, petición que a dirección debe estudar para ofrecer unha resposta nun prazo de dous días. E mentras tanto, traballadores de Lantero unironse á columna de Arousa das Marchas pola Dignidade que saíron ás 11 de esta mañá dende as instalacións de O Pousadoiro, e que se dirixen a estas horas andando cára Caldas para xuntarse co resto de mareas, e chegar, xa pola tarde, a Padrón. Así nolo contaba Jesus Lopez, presidente do comité de empresa de Lantero nesta conversa en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.