Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ALCALDE DE CALDAS RECIBE O RESPALDO DA DIRECCION DO PARTIDO TRALO NOVO AUTO
O alcalde de Caldas Juan Manuel Rey asume con tranquilidade o novo auto da xuiza de Caldas de apertura de xuizo oral contra el por un suposto delito de malversación de fondos públicos. O rexedor considera que era "algo que entraba dentro do previsto" e entende que a súa situación con respecto ó código ético do seu partido non variou xa que o xuizo non se celebrará antes do 24 de maio. Neste sentido, asegura, segue contando co respaldo da dirección socialista e no caso de que teña que sentarse no banco dos acusados será el mesmo, por vontade propia, o que abandone o partido. Así nolo decía…
Read the full description
nesta conversa en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Neste segundo auto a maxistrada argumenta os motivos polos que entende que hai suposta responsabilidade penal no pago, en setembro de 2010, dunha sanción urbanística de 600 euros por parte do alcalde con cargo ós fondos públicos do Concello. A xuiza establece que o imputado "sempre admitiu a realidade dos pagos efectuados, procedendo á restitución das cantidades abonadas con cargo ás arcas municipais" A causa pasa agora á Audiencia Provincial, encargada de elexir o xurado e fixar o sinalamento.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.