skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHAS XORNADAS DE INTERNACIONALIZACION ABREN O NOVO CDL DE VILANOVA

Vilanova pon en funcionamento xa este mércores, coa celebración dunhas xornadas de internacionalizaciòn destinadas ás empresas, o novo Centro de Desenvolvemento Local que comezará a funcionar nunha das novas dependencias do remodelado Pazo de Vista Real. O goberno local aprobou esta mañá en comisión de goberno a creación desta plataforma que dará apoio integral para todos os empresarios que estean interesados en buscar e adquirir solo no polígono industrial de Baión. O novo Centro de Desenvolvemento Local é posible a través de un convenio de colaboración entre o Concello de Vilanova e Suelo…

Read the full description

Empresarial del Atlántico (SEA), que se asinará o vindeiro luns 19 de outubro, coa presencia da Ministra de Fomento Ana Pastor. O CDL de Vista Real asesorará ás empresas que queiran implantarse no polígono de Baión, informándolles de datos concretos de cada parcela, así como de subvencións ou liñas de axudas dispoñibles. No acto de sinatura, tamén estará presente a presidenta do SEA, Lucía Molares. Así o corroboraba esta mañá o alcalde de Vilanova Gonzalo Durán, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.