skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DANZA PARA A FIN DE SEMANA NO AUDITORIO DE VILAGARCIA

O ESPECTACULO "DEZ" DA COMPAÑÍA NOVA GALEGA DE DANZA CHEGA Ó AUDITORIO DE VILAGARCÍA O VINDEIRO SÁBADO 2 DE NOVEMBRO AS NOVE DA NOITE. Tras dez anos de traxectoria, a compañia Nova Galega de Danza presenta o seu novo espectáculo de baile e danza no que se recollen ás mellores pezas que representaron durante estes anos na procura de reinvéntarse, collendo anacos do pasado e xuntandoós de diferentes maneiras para que todo resulte novidoso. "DEZ", que así se chama o espectáculo, conta cun elenco de 14 persoas sobre o escenario, no que 7 son bailaríns e os outros 7 son músicos que amenizan en…

Read the full description

directo esta función, que neste caso, conta cunha nova incorporación na parte musical como é a do músico Germán Diaz que introduce a zanfona e as caixas de música nas melodías de "DEZ". A dirección artística do espectáculo é de Jaime Pablo Díaz, fundador e coreógrafo da compañía, e a dirección musical corre ó cargo de Pedro Lamas, compositor dalgunhas das pezas que se representan. Ademaís da actuación en Vilagarcía o vindeiro sábado, a compañía ten previsto ofrecer o seu espectáculo este venres no programa "LUAR", e dúas funcións máis en Galicia, concretamente en Narón e en Ourense onde se pechará esta xira. O prezo das entradas é de 5 euros e xa se poden adquirir no Auditorio de Vilagarcía e na web www.servinova.com. Todo ilo, no lo contaba a Concellera de Cultura, Rocío LLovo para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nunha conversa con Alba Piñeiro na que tamen se falou da visita ó mercado das flores que abriu esta mañá as súas portas.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.