Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A PLANTILLA DE LANTERO DISPOSTA A DEFENDERSE CONTRA O PLAN DE VIABILIDADE
A plantilla da empresa Lantero de Vilagarcía está disposta a mobilizarse en contra do plan de viabilidade presentado pola empresa que prevé o despido de 32 empregados e a reducción do soldo nun 30% ó resto dos traballadores. Tras un primeiro análise da documentación, o comité de empresa dí que a fábrica ubicada no polígono de O Pousadoiro xenerou o ano pasado 1,5 millons de euros de beneficio, e non as perdas millonarias que argumenta a dirección. Ademáis, tamén censuran as medidas de seguridade que mantén dende os últimos días a empresa e que segundo aseguran os representantes sindicais…
Read the full description
están supoñendo un custe de más de 3.000 euros diarios Para analizar toda a situación coa plantilla, o comité de empresa convocou ós traballadores de Lantero a unha asemblea informativa que se celebrará mañá ás 10 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía. Os traballadores decidirán na asamblea a súa posición cara o encontro previsto coa dirección de Lantero para o próximo martes, así como as medidas a adoptar en caso de que a empresa manteña os despidos. Xa de principio, o comité de empresa non desbota mobilizacións e folgas durante todo o ano. Son os datos que ofrecía esta mañá o presidente do comité de empresa, Jesús López, en rolda de prensa e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.