skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PODE URXE AO CONCELLO A PAVIMENTACION DEFINITIVA DO VIAL DE TRAGOVE

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno local de Cambados non executará a pavimentación definitiva do vial de Tragove, demandada polas empresas depuradoras da zona, ata que Augas de Galicia acometa unha canalización pendente. Así llo comunicaron aos empresarios a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o Concelleiro de Obras, Samuel Lago, durante unha reunión celebrada para abordar o problema. Mentres tanto, arranxará o mal estado do camiño de forma provisional cunha motoniveladora como se viña facendo ata o de agora. Sen embargo, para o grupo municipal Cambados Pode a obra pendente…

Read the full description

de Augas de Galicia é unha excusa do goberno municipal ante a súa “falta de capacidade de xestión”. O seu portavoz, José Ramón Abal urxe Concello á execución da mellora definitiva á maior brevidade posible xa que é un proxecto incluido no Plan Concellos 2018 da Deputación cun importe de 98.000 euros e de non executarse en tempo existe o risco de perder a subvención. “Se eu continuara como concelleiro a actuación estaría completamente executada”, asegura Abal, que con tal motivo presentará unha moción no pleno deste mes.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.