Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O DESTAPA VILAGARCIA REGRESA ESTE ANO CON NOVOS PREMIOS DA MAN DE VEPERSA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O "Destapa Vilagarcía", o concurso de tapas organizado por Ahituvi regresa o próximo venres día 15 de febreiro. Nesta ocasión, serán 14 hosteleiros da cidade os que ofrezan as súas propostas gastronómicas ata o 24 de febreiro a un prezo de 2,50 euros. Se se acompaña de cervexa serán 3,50 euros e con viño 4 euros. O luns, martes e mércores non haberá ruta pero o xoves terá lugar o Día do Tapeador con descontos. A novidade desta IX edición será a colaboración do concesionario Vepersa que suma aos tradicionais premios do concurso a cesión durante unha…
Read the full description
fin de semana dun Audi Qw ou dun Volkswagen T-Roc, unha tostadora Volkswagen e unha caixa isotermo Audi. A maiores estarán os premios habituais , 3 de 100 euros en metálico, 2 lotes de albariño Eidosela e 2 lotes de mencia Campaza. Como en cada edición, a iniciativa comezará co habitual concurso de tiraxe de cañas e xa pola tarde os clientes terán a súa disposición os platos elaborados. Así nolo contaba o presidente de Ahituvi, Richard Santamaría, na presentación do evento, acompañado do alcalde, Alberto Varela.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.