Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

FOLGA NA LIMPEZA DOS CENTROS DE SAUDE DENDE O 3 DEMAIO
Convocada a folga no servizo de limpeza dos centros de saúde e dos puntos de atención continuada das comarcas de O Salnés e Pontevedra. Os traballadores de Linorsa víñano advertindo tralos reiterados incumplimientos de pago de salarios e horas extra por parte da empresa adxudicataria, xa en preconcurso de acreedores. O paro desenvolverase dende as 12 da noite do día 3 de maio ata a medianoite do día 8, coa intención de que se repita na primeira semana de cada mes mentres non se lles dea unha solución. A folga dos 49 traballadores afectará a 24 centros de saúde e PACS de ambas comarcas, que no…
Read the full description
caso de O Salnés corresponden aos centros de O Grove, A Illa, Dena, Meaño,Vilalonga, Sanxenxo, Vilagarcía e Caldas. A única posibilidade de desconvocatoria sería que o Sergas procedera a rescindir o contrato con Linorsa. Os representantes dos traballadores reuniranse mañá ás 9 horas con representantes do Sergas para tentar conseguilo. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Diana Rodríguez, secretaria comarcal de CIG servizos.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.