skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PRESENTA UN ORZAMENTO DE 9,4 MILLONS DE EUROS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados contará este ano cun orzamento municipal de 9,4 millóns de euros, case medio millón máis que en 2017 e o de maior importe dos últimos 10 anos. O goberno municipal prevé unha partida para inversións de 650.000 euros a cargo do plan concellos, onde se inclue a remodelación da Praza de abastos, con 218.600, a reforma do Centro de Saúde con 50.000 euros. Asimesmo destina 190.600 a pavimentación de viais, 91.000 alumeado, 49.800 ao proxecto do Museo Ramón Cabanillas e 44.700 á mellora das pistas de tenis de O Pombal. No apartado de…

Read the full description

Gastos, os de maior cuantía son destinados a Gastos Correntes, 4,2 millóns de euros ( 1 millón en limpeza, 400 en festexos, 399 en servizos Sociais, 397 en sevizos xerais e 340 educación). Os Gastos de Persoal elévanse a 3,8 millóns, (875 policía local, 766 persoal obras, 695 administración Xeral). Asimesmo, increméntase a partida destinada a Servizos Sociais ata case 400.000 euros, tal como se establecía no pacto de goberno. Neste apartado inclúese a creación de partidas nominativas para Esperanza Salnes 16.000 euros e outros 19.000 euros para o funcionamento do futuro Centro de Día. Ademáis, o Concello conta con ingresar 130.000 euros procedente do IBI por novos inmobles no catastro, que compensan a reducción do tipo impositivo O documento orzamentario tamén engloba un recoñecemento extraxudicial de crédito de medio millón de euros para o pago de facturas, o que supón un 12% das contas deste ano. A maiores, o orzamento reflexa unha reducción da débeda, da que se pagarán en amortización 262.000 euros, 128.000 menos que o ano pasado. O documento foi presentado esta mañá polo Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, que destacou que este con este orzamento Cambados pecha a etapa de débeda heredada do anterior equipo de goberno.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.