Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CIG DENUNCIA IMPAGOS DA CONCESIONARIA DE LIMPEZA DO HOSPITAL DO SALNES
O sindicato CIG denuncia a situación da firma asturiana ITMA S.L, actual concesionaria do servizo de limpeza do Hospital do Salnés. Segundo explicou esta mañá a representante sindical, Esther Campoamor, a empresa, con 40 traballadores en plantilla, incrumpre o convenio colectivo asinado no 2015 no que se establece o pago de atrasos dos anos 2014 e 2015. Trala demanda xudicial presentada polos traballadores afiliados na CIG, o xuizo celebrouse onte sen a presencia de representantes da empresa, e quedou visto para sentencia. Estaba previsto que mañá fora a apertura dos sobres para a nova…
Read the full description
licitación do servizo de limpeza do Hospital pero finalmente o Sergas aprazou a convocatoria para o venres da vindeira semana. Ao concurso presentáronse 10 empresas, entre elas a propia ITMA, polo que a CIG enviou un escrito á Xunta solicitando que non se teña en conta esta empresa polos problemas de pago aos seus traballadores. Se finalmente a Xunta outorga a concesión do servizo a ITMA, o sindicato non desbota mobilizacions. Así o explicaba a representante da CIG Esther Campoamor nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.