skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

SERA VILAGARCIA QUEN DECIDA O SISTEMA DE FINANCIAMENTO DA DEPUTACION

Boa sintonía puidose percibir ó remate do encontro celebrado esta mañá entre o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nas dependencias municipais de Ravella, dentro da rolda de contactos iniciada pola presidenta provincial cos rexedores dos concellos. No encontro acordouse que sexa o Concello de Vilagarcía o que decida o sistema de cooperación que lle interesa manter coa Deputación para os próximos catro anos: ou ben a través do Fondo Local de Inversións ou a través dun convenio plurianual. Asimesmo, Carmela Silva tamén se amosou disposta a que os…

Read the full description

importes sobrantes de actuacións provinciais correspondentes a 2014 e 2015 se poidan reinventir en futuros proxectos necesarios para a localidade. Pola súa banda, a presidenta provincial recriminou ó seu antecesor, Rafael Louzán, que fixera promesas electorais para o municipio que non se cumpliron: concretamente a mellora do pabillón de Rubiáns e o acceso ó Hospital do Salnés. A primeira por non haber “nin siquera un apunte do proxecto”, e a segunda por non ser competencia da Deputación, senon de Fomento. En todo caso, Carmela Silva está disposta a retomar ambas actuacións. Seguindo a reunión estivo a nosa compañeira Alba Piñeiro, que nos trasladou as declaracións de ambos na rolda de prensa posterior para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.