skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILLANUEVA FALA DA PRESENCIA DE PERSOAS NA SOMBRA INTERESADAS EN FAVORECER O FURTIVISMO

Situación normalizada en Carril despois da liorta na que acabou un operativo contra o furtivismo que se desenvolveu onte pola mañá. o balance do operativo non é nada desdeñable. Tres actas de denuncia e dúas de incautación; vinte persoas expulsadas do mar; 55 quilos de marisco de talla non regulamentaria requisados; dous raños, un saco, catro capachos e un anciño incautados, e unha tremenda liorta ás portas da lonxa. E o presidente da Agrupación de Parquistas de Carril, José Luis Villanueva, que fala da presencia de persoas na sombra que promoven este tipo de actitudes. O que comezou cun…

Read the full description

amplo operativo contra o furtivismo rematou cunha enorme liorta na que non faltaron insultos nin tampouco increpacións. Mesmo varios furtivosenfrontáronse ó presidente da agrupación de parquistas, José Luis Villanueva, ó que acusan de estar detrás dos avisos á Consellería do Mar para "cazar" os mariscadores ilegais. Villanueva négao tallantemente. Eso si, o presidente da Agrupación de Parquistas de Carrilanuncia que emprenderá accións legais contra os que onte zarandearon o vehículo do colectivo e mesmo intentaron agredilo. Villanueva non desculpa os mozos, pero asegura que "están sendo manipulados e utilizados por terceiras persoas. Así nolo decía José Luis Villanueva nesta conversa en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.