Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CARMELA SILVA PIDE A RAJOY QUE DECLARE A VIOLENCIA MACHISTA CUESTION DE ESTADO
Tres das trinta e tres mortes por violencia de xénero en España no que vai de ano rexistráronse na provincia de Pontevedra, o que supón un 10% do total, e 4 no conxunto de Galicia. Tralo último asasinato machista, ocorrido onte en Vigo, os cargos políticos e funcionarios da Deputación de Pontevedra gardaron esta mañá un minuto de silencio para mostrar a súa condea da violencia machista e ofrecer a súa solidariedade coa familia da muller asasinada. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, aproveitou a súa declaración institucionalo ás portas do Pazo Provincial para insistir na necesidade dun…
Read the full description
gran pacto de estado entre as Administracións Públicas sobre os crimes machistas. Neste sentido, pediulle ó presidente do goberno español, Mariano Rajoy, que declare a violencia de xénero como unha cuestión de estado. Tamén convidou á cidadanía a que "sexa unánime o rexeitamento aos maltratadores, a fin de que non atopen ningunha tolerancia, ningunha xustificación, ningunha comprensión para os seus actos. Son asaninos, e nos asasinan". A presidenta provincial recalcou que as institucións téñense que poñer ao fronte da loita contra a violencia de xénero “e aportar os recursos suficientes para unha loita eficaz contra esta lacra social”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.