Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PASEO CENTRAL DO PARQUE DE A XUNQUEIRA ABRESE PARA FACILITAR AS COMPRAS DO NADAL DO CENTRO COMERCIAL
O paseo central do Parque da Xunqueira en Vilagarcía acaba de abrirse ó tránsito para facilitar ó paso ó Centro Comercial Arousa. A decisión adoptouna o Concello ante as peticións da xerencia e dos propios comerciantes co fin de evitar dificultades engadidas á campaña de nadal. Así o decía esta mañá o alcalde Tomás Fole nunha visita de supervisión das obras de reforma do parque . E por outra banda, o alcalde de Vilagarcía nega que exista improvisación no plan de asfaltado das rúas urbanas que se inició esta semana. A actuación, que ten un presuposto de 300.000 euros, afectou xa ás rúas San…
Read the full description
Roque e Padre Feijoo, ademáis de á Praza da Independencia, e continuará estes días na praza de Galicia, Arzobispo Lago, Alexandre Bóveda, Conde Vallellano e parte da avenida de A Mariña. O alcalde recoñecía esta mañá as molestias que os traballos causan os veciños para a circulación pero considera que todo estaba xa advertido con antelación por parte do concello.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.