Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE DO SALNES BOTA A ANDAR TRAS MESES DE BLOQUEO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés bota a andar, tras meses de retraso por bloqueo político. Marta Giráldez, alcaldesa de Meis, é xa a nova presidenta da Mancomunidade do Salnés, constituida no pleno celebrado esta pasada tarde coa ausencia anunciada de todos os representantes do Partido Popular por considerar ilegal a convocatoria. A socialista foi elexida por maioría absoluta con 14 votos a favor: os dos seus compañeiros de partidos máis BNG, Esquerda Unida e Somos Cambados. Non houbo votos en contra pero sí cinco abstencións: as de Independentes de Meaño e…
Read the full description
Ribadumia e a do alcalde de Meaño, Carlos Vieitez. A primera decisión de Marta Girálde foi a de convocar un pleno extraordinario para este xoves, ás 20.00 horas, co único fin de aprobar a conta xeral da Mancomunidade. Tras prometer o seu cargo, nas súas primeiras palabras tras prometer o cargo, Marta Giráldez tendía a man aos representantes populares. Ademáis, o pleno tamén deixaba unha sorpresa. O portavoz de Independentes de Meaño, José Manuel Aspérez, anunciou que están “a disposición da nova presidenta” para “ter conversacións do que pasou en Meaño e retirar a demanda para remar todos no mesmo sentido”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.