skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILAGARCIA PRIORIZA OS SERVIZOS SOCIAIS E O RURAL NOS ORZAMENTOS DE 2016

Os orzamentos elaborados polo goberno local de Vilagarcía para 2016 ascenden a case 26,3 millóns de euros, 200.000 euros máis que o presente exercicio. A proposta do executivo socialista prioriza os servizos sociais, cun incremento dun 15% respecto a este ano, e a inversión no rural. O alcalde, Alberto Varela; a tenente de alcalde e voceira do goberno, Tania García e a concelleira de Facenda, Luz Abalo presentaron esta mañá o documento, que será debatido en pleno o próximo día 30 de decembro, e que, ademáis reserva 100.000 para o ximnasio do colexio de Rubiáns e outros 305.000 euros para a…

Read the full description

Praza de Abastos. Ademáis, os orzamentos preparados polo executivo local supoñen un gasto de persoal duns 10 millóns de euros, lixeiramente superior ao deste ano. O motivo é, por un lado, o incremento salarial do 1%, establecido polo goberno do estado para o abono pendente da paga extra retirada no 2012, e por outro, a contratación dun novo traballador para servizos sociais. As contas propostas, segundo o alcalde Alberto Varela, van de acorde a situación económica e reflexan o modelo de cidade pretendido polo equipo socialista. O alcalde Alberto Varela explicaba os detalles nunha comparecencia que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.