Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

EXPOSALNES ACOLLE DENDE MAÑÁ AS I XORNADAS PARA EMPRENDEDORES DO CONCELLO DE CAMBADOS
CAMBADOS VIVEIRO E XORNADAS O viveiro empresarial de Cambados empezará a funcionar o próximo 1 de xaneiro. A data desvelábaa esta mañá o concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, que tamén avanzou que nas instalacións do Centro Loxístico do Polígono 7 Pías poderán establecerse 8 negocios e un centro industrial. As solicitudes para acceder a unha destas oficinas poderán rexistrarse a partir do vindeiro 8 de novembro. O concelleiro de Promoción Económica de Cambados desvelaba os datos na presentación das I Xornadas para Emprendedores que se celebrarán os días 23 e 24 de outubro en…
Read the full description
Exposalnés. O obxectivo desta iniciativa é que os novos emprendedores coñezan de principio a fin os pormenores da creación dun negocio ou empresa a través do que lles conten técnicos do IGAPE, representantes de entidades financeiras, expertos en redes sociais do taller formativo da Deputación, e expertos en leis do gabinete xurídico Miguelez e Asociados de Cambados De tal xeito que recibirán asesoramento sobre plans de negocio e estudio de viabilidade, cómo financiar o seu proxecto, entorno xurídico, bonificacións na seguridade social e cooperativismo. Os detalles destas xornadas recollémolos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.