skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

KIKO VENENO, CHRISTINA ROSENVINGE E DELAFE Y LAS FLORES AZULES ACTUARAN NA FESTA DO ALBARIÑO DESTE ANO DENTRO DO PROGRAM

O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, anunciou na feira Fitur de Madrid que o Festival "Música con Denominación de Orígen", financiado polo Ministerio de Cultura, se estreará nos meses de xullo e agosto. Trátase dun programa musical itinerante que vincula a dous concellos significativos entre as denominacións vinícolas españolas: Cambados e Peñafiel. Contra o que adoita ser habitual, Luis Aragunde adiantou en varios meses algúns dos concertos que, grazas ao singular proxecto musical, nutrirán o programa de eventos na 62 edición da Festa do Albariño. O andaluz Kiko Veneno, xunto cos grupos…

Read the full description

pops Delafé y las Flores Azuis e Zahara, poñerán a súa potente proposta musica dentro da Festa do Albariño. A polifacética artista Christina Rosenvinge dedicará os seus Contos Enchufados aos máis pequenos da festa cambadesa. Aínda quedan por desvelar varios concertos do panorama musical español para completar o calendario da semana grande albariñense. No ciclo de cine Vinéfilos, que se celebrará en agosto, exhibiranse producións nacionais que combinan cine, gastronomía e enoloxía. Cambados e Peñafiel poderán proxectar e gozar da longametraxe "18 Comidas" do galego Jorge Coira, así como dos documentais "Dieta Mediterránea" da catalá Carmen Ruscalleda, e "Mugaritz BSO" dos vascos Andoni Aduriz, Juantxo Sardón e Felipe Ugarte. Música clásica, jazz e bandas Música con Denominación de Orígen tamén inclúe unha sesión clásica co compositor e pianista navarro Joaquín Taboada, que actuará no patio de Armas de Fefiñáns; un concerto de jazz a cargo de Paco Charlín Trio, ademais de senllas sesións vermú amenizadas polas bandas de música de Castrelo e Peñafiel. O promotor desta iniciativa musical é Cambados, capital do Albariño, apostando por un programa diverso, variado e integrador, para todos os públicos. Nesta primeira edición súmase o concello de Peñafiel (Valladolid), capital da D.O. Ribeira do Douro, reforzando un vínculo entre as comunidades de Galicia e Castela León. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA entrevistamos en directo ó alcalde Luis Aragunde, despois da súa presentación en FITUR.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.