skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

NOVOS TRAXES DE PROTECCION ANTE EVENTUAIS EPISODIOS DE CONTAMINACION MARIÑA

Vilagarcía foi esta mañá o lugar elexido pola Consellería do Mar para realizar unha xornada formativa de emprego dos novos traxes de protección nuclear, biolóxica e química ante eventuais episodios de contaminación mariña. Concretamente, son tres equipos dos que dous estarán ubicados nos barcos anticontaminación e o terceiro na base correspondente. A dotación destes traxes de protección supuso un invetimento de 80.000 euros e Galicia é a primeira comunidade autónoma que dispón deles. Deste xeito, a Consellería conta seis traxes de protección NBQ, modelo Dräger CP7900, e dúas duchas de…

Read the full description

descontaminación inchables portátiles. Pensados para uso de Gardacostas, os traxes incorporados pola Consellería do Mar están realizados especificamente para o seu emprego en condicións extremas. Son estancos a gases e proporcionan unha alta protección fronte a substancias químicas industriais, axentes biolóxicos e outras substancias tóxicas. O material co que están confeccionados fainos aptos para traballar coa máxima eficacia, tanto á hora do manexo de substancias crioxénicas (de moi baixas temperaturas), como en áreas explosivas. Estes equipos son necesarios para encarar episodios de contaminación provocados por substancias nocivas e potencialmente perigosas (SNP), nos que o persoal que participa na resposta á continxencia debe actuar debidamente protexido. Así o explicaba esta mañá a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a xornada formativa de utilización dos equipos, realizada no buque Irmáns Garcia Nodal, atracado no porto do Ramal e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.