Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A DESINFECCION DE VEHICULOS CON OZONO AMPLIASE EN SANXENXO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A crise do covid incorpora novos sistemas de desinfección de ozono para a limpeza dos vehículos. Un deles é o que aplica dende hai uns días a estación de lavado de coches Autowash en Vilalonga, que recibiu esta mañá a visita do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, para coñecer o equipamento posto en marcha por este establecemento con motivo da crise sanitaria. Durante a visita, un dos propietarios da estación de lavado, Javier Limeres, realizou unha demostración do seu funcionamento cun vehículo do servizo de Emerxencias Sanxenxo. O importe da limpeza…
Read the full description
de desinfección é de 5 euros. O alcalde destacou a rápida resposta dun establecemento que apenas levaba aberto catro meses cando a crise sanitaria provocada polo Covid 19 obrigoulle a pechar as portas. Autowash limpará de forma totalmente gratuíta durante dous meses e as veces que así sexa necesario os vehículos municipais da Policía Local e Emerxencias. O alcalde agradeceu esta medida solidaria e lembrou que tamén Garaxes Progreso ofreceu este servizo de desinfección de forma gratuíta aos servizos municipais.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.