skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CURTAS ABRE ESTA FIN DE SEMANA SEIS EXPOSICIONS EN VILAGARCIA

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A 47 edición do Festival Internacional de Cinema e Cómic de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2019, que se celebra do 25 de outubro ao 3 de novembro, trae á localidade seis exposicións que poderán verse no Salón García e no auditorio municipal dende esta fin de semana. Un evento, o decano de Galicia, no que o pasado ano máis de 30 mil persoas visitaron o festival que inclúe no seu programa masterclasses, workshops, exposicións, videoxogos, xogos de rol e mesa e, por suposto, proxeccións a concurso de longametraxes, curtametraxes, documentais e…

Read the full description

videocreación. Este ano o festival vertebraráse en dos leit-motivs: os 50 anos da chegada da humanidade á lúa e a maxia e as lendas, cunha homenaxe á creación de J.K. Rowling, "Harry Potter". Catro das exposicións, "Pottermanía", "V de Vendetta", "Gravidade Cero" e "Seres Máxicos de Galicia", inauguraránse mañá venres ás 20 horas na Sala Rivas Briones e poderán verse ata o 24 de novembro, agás a de "V de Vendetta" de David Lloyd que rematará o 5 de novembro. Tamén no auditorio municipal haberá dúas mostras, "Conan, Pinceis Bárbaros" e "Patola ti", que se inaugurarán este sábado ás 19 horas e poderán verse ata o 5 de novembro, posteriormente mudaránse á Sala Rivas Briones onde estarán ata o 24 de novembro. Todos os detalles contábaos esta mañá o director do Festival Curtas, Luis Rosales xunto coa concelleira de cultura de Vilagarcía, Sonia Outón, en pleno montaxe das exposicións.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.