Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O FUTURO DA ESCOLA DE BAMIO NON SE SABERA ATA XUÑO
. O futuro da escola unitaria de Bamio non se saberá ata o mes de xuño. O asunto foi abordado no pleno da corporación municipal de Vilagarcía da pasada tarde, coa presencia dos pais afectados e a través dunha moción do BNG, que recibiu o respaldo de todos os grupos. Sen embargo, a concelleira de Educación, Rocío Llovo, dixo descoñecer as medidas para gañar alumnos e conseguir que a escola non peche. Argumentos que non deixaron satisfeitos ós grupos da oposición. Dende EU, Juan Fajardo desmentiu a Llovo e asegurou que a edil si sabía o que ía pasar pero que non o dicía por razóns electorais…
Read the full description
Xabier Ríos do BNG insistiu en que haberá que tomar medidas antes de que se peche e Tania García do PSdG lembrou que cando unha escola unitaria se pecha xa non se volve abrir. Impresións que a voceira socialista de Vilagarcía, Tania García, reiteraba esta mañá nunha rolda de prensa, acompañada do candidato Alberto Varela, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.