Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ALCALDESA DE SANXENXO REITERA A SUA INOCENCIA NO PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE A TRAMA URBANISTICA
A alcaldesa de Sanxenxo , Catalina González, reiterou esta mañá ante o pleno extraordinario da corporación municipal, a súa inocencia na trama de irregulariedades urbanísticas que investiga o xulgado de Cambados. Na sesión extraordinaria convocada a petición dos grupos da oposición, Catalina González calificou como «denuncia falsa» a demanda por parte de particulares que provocou a apertura da investigación xudicial sobre o urbanismo de Sanxenxo. Negou que ela teña sido responsable nin de prevaricación, nin de suborno nin de tráfico de influencias. Ante as duras críticas da oposicion pedindo…
Read the full description
o seu cese, Catalina González sostivo que non beneficiou a ninguén e ninguén lle deu nada. Así mesmo tamén anunciou que os técnicos municipais imputados non serán apartados das súas funcións porque considera que a investigación está en fase de dilixencias previas e non hai razóns legais para atender a petición da oposición desde o punto de vista do goberno. Tralo remate do pleno, a alcadesa de Sanxenxo volvía a reiterar a súa inocencia ante os medios de comunicación. A imaxe do urbanismo de Sanxenxo está en cuestión dende principios de século. E dende a oposición, o portavoz de SAL aseguraba que saía da sesión plenaria decepcionado pero non sorprendido.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.