Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS ORGANIZADORES DE AS REVENIDAS RECLAMAN QUE A COLABORACION DO CONCELLO SE FIXE POR UN PERIODO MAIS AMPLO
O importe definitivo do Concello de Vilagarcía para dar respaldo á festa das Revenidas deste verán xa está cuantificado. Serán 6.500 euros de subvención directa aos que se une a asunción dos custes de luz, son, montaxe e desmonte da sardiñada e os concertos. Todo iso, calcula o goberno local, eleva o importe da súa colaboración a uns 20.000 euros. Ademáis tamén disporían doutros 6.000 euros por parte da Deputación Provincial.. En total, a organización disporía de 12.500 euros en metálico, procedentes das arcas municipais e provinciais, ademais do aluguer dos equipos de luz e son e a man de…
Read the full description
obra necesaria para a montaxe e desmonte dos escenarios, as mesas e os bancos para a comida popular a base de sardiñas que deu orixe á celebración. Para rematar, o goberno local comprométese a mediar ante a axencia autonómica Agadic no caso de que A Repichoca solicite ao organismo financiamento para o festival musical. De todo elo falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Xoan Quintáns, portavoz do colectivo A Repichoca, que reclama que a colaboración do concello se establecese para un período de tres ou catro anos en vez de anualmente.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.