skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CULTURA E TRADICIONS MUSICAIS DA TERRA NA GALA DE CAMBADOS CIDADE DO VIÑO

Cambados quere mostrar a cultura e as tradicións musicais da terra na Gala Cidade Europea do Viño 2017 que se celebrará o 25 de marzo a partir das 21 horas na praza de Fefiñáns. O evento contará coas actuacións dos vigueses “Coro Gli Appassionati”, os cambadeses Manso e Amigos, xunto con figuras representativas da música galega como Susana Seivane e Rosa Cedrón, Ladrón de Guevara e Paco Lodeiro, que interpretarán cancións tradicionais do repertorio popular galego. Ademáis, todo elo estará misturado co espectáculo do grupo vigués de percusión Abmiram Quartet e o quinteto belga Ialma de música…

Read the full description

tradicional galega, acompañados do compositor francés Benoit, e o saxo do xa internacional Esteban Batallán. Tamén terá un papel importante a música de bandas, coa presencia da Banda de Música de Castrelo, que, interpretará o Himno creado para a Cidade Europea do Viño, composto polo compostelán Xosé Carlos Seráns Oliveira, e que leva por título “A Cambados”. A maiores, unha delegación de Recevín estará presente durante os actos programados nesa fin de semana e por tal motivo, o concello ten previsto unha serie de actividades para amosarlles riqueza patrimonial, turística e enograstronómica da comarca. O concello convidará aos representantes institucionais de Galicia e do Estado para que os acompañen nesta Gala e instalará 2000 cadeiras na Praza de Fefiñáms para o público asistente. Os detalles coñecémolos esta mañá nunha rolda de prensa na que estivo o concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, o director da Banda de Música de Castrelo José Varela, o compositor que gañou a banda sonora Xosé Carlos Seráns Oliveira, acompañados polo presentador conductor da Gala Francisco Lodeiro e integrantes de Manso e Amigos, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.