skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMPONARAYA RETIRA OS CARTEIS RIAS BAIXAS, COSTA DA FARIÑA

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde do concello leonés de Camponaraya, Eduardo Morán, ordenou a retirada dos carteis onde unha empresa privada anunciaba unha excursión ás Rías Baixas, promocionada como “ a costa da Fariña”. A polémica en Cambados coñeceuse a través do portavoz do PP, Luis Aragunde, que anunciaba unha moción no pleno da vindeira semana para que a corporación envie ao Concello do Bierzo unha carta de repulsa. A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, ao ter coñecemento da situación, trasladou de inmediato nunha conversa telefónica o seu malestar ao rexedor de…

Read the full description

Camponaraya, ao igual que fixo a Deputación de Pontevedra. Os carteis da polémica foran elaborados e ubicados a nivel local por parte da empresa organizadora ao marxe do cartaz institucional no que non figuraba a controvertida frase. Todo o acontecido nolo explicaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde de Camponaraya, Eduardo Morán. A Deputación de Pontevedra provincial amosouse satisfeita polo entendemento co goberno local de Camponaraya, tras as conversas mantidas entre ambas administracións. Para o goberno provincial este lema era unha publicidade inxusta e inapropiada que, aínda que se refería ao éxito dunha serie televisiva, podía vencellar a marca Rías Baixas, que promove a institución provincial a nivel nacional e internacional, coa tristemente época pasada do narcotráfico na comarca do Salnés. Tamén dende Cambados a alcaldesa Fátima Abal, reiteraba as disculpas ofrecidas ao Concello por parte do rexedor leonés e indicaba que a vila que se refrexa na serie non non ten nada que ver coa realidade actual.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.