Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ALBERGUE DE AS SINAS COMEZARA A FUNCIONAR FORA DA TEMPADA DE VERAN CON INSTALACIONS RENOVADAS
O albergue de As Sinas en Vilanova estrea este ano instalacións melloradas, e comezará a funcionar por primeira vez fora da tempada de verán, coincidindo, ademáis, coa conmemoración do 70 aniversario da súa fundación. Os traballos, nos que a Consellería de Traballo e Benestar investiu 265.000 euros, centráronse na renovación da pista deportiva, na mellora e reparación da estrutura e das cubertas, na actualización da instalación eléctrica, e na mellora da súa accesibilidade. A titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, achegouse hoxe ata Vilanova de Arousa para coñecer de primeira…
Read the full description
man o resultado destas obras. A reforma do albergue enmárcase no Plan de mellora das instalacións xuvenís de Galicia, que se leva desenvolvendo desde 2013, e que conta cun investimento global de máis de 700.000 euros. Ademais dunhas instalacións reformadas, As Sinas incorpora este ano outra novidade: por primeira vez funcionará fóra dos meses de verán. O Goberno autonómico ofertou en 2015 por primeira vez a posibilidade de usar os albergues entre o presente mes de marzo e a primeira metade do mes de xuño. O obxectivo é que durante este tempo poidan acoller actividades de educación non formal. En canto á campaña de verán, que se desenvolve nos meses de xullo e agosto, o albergue de Vilanova volver ser un dos máis relevantes, grazas a un oferta que ascende ás 600 prazas: 480 xestionadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e 120 correspondentes á oferta concertada. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións da Conselleira Beatriz Mato.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.