Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CUATRIPARTITO DESVELA CIFRAS NEGATIVAS NAS CONTAS DO CONCELLO
Situación económica delicada no Concello de Cambados. O novo equipo de goberno asegura, tras realizar o estudo contable, que a situación económica do municipio non é tan boa como aseguraba o anterior executivo. I é que, segundo o novo grupo de goberno, o superavit de 500.000 euros co que contaba o Concello, non é real debido ás debedas que dúas empresas en concurso de acreedores teñen coa administración e será moi dificil recuperar eses cartos. Segundo o novo grupo de goberno, en tan só os primeiros meses de este ano, o anterior mandato de Luis Aragunde gastou todo o orzamento destinado a…
Read the full description
cultura. Dos 44.200 euros previstos para actividades culturais para o ano, nestes momentos as cifras rexistran un negativo total de -1.000 euros. Das cifras que manexa o novo goberno se desprende que, por áreas, da partida de 30.000 euros destinada ó mantemento de centros escolares, só quedan 1.386 euros. Para actividades de ocio e tempo libre, dun crédito de 17.000 euros tan só se dispón de 4.826 euros. E para o mantemento de instalacións deportivas, de 28.000 euros quedan -10.556 euros. En canto ó orzamento de 317.000 euros para festexos, en catro meses gastáronse 135.000 euros, co que, segundo o cuatripartito, este ano a festa do Albariño tera que organizarse con 100.000 euros menos que nos anteriores anos. A nova administración municipal amosase moi sorprendida con esta situación, que, aseguran, non deixa de empeorar xa que aínda esta semana estan chegando as facturas sen pagar do Xantar do Albariño do ano pasado. Entende o cuatripartito que o modelo de xestión de Luis Aragunde foi un perigo para a economía do concello, destinou partidas nos últimos meses con fins electorais, e esta obrigando ó novo executivo a paralizar as actividades do municipio. Son cifras que desvelaron esta mañá en rolda de prensa os Concelleiros de Economía e Cultura, Xurxo Charlín e Victor Caamaño, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.