skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS PORTOS DEPORTIVOS DAS RIAS BAIXAS INCREMENTAN OS TRANSITOS NUN 9%

Os tránsitos náuticos incrementáronse un 9% este ano nos portos deportivos das Rías Baixas e un 7% nos de Galicia. Son cifras que desvelaba esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ao porto de Pedras Negras en O Grove para facer balance da actividade náutica anual. O presidente de Portos lembrou que deste xeito, a comarca das Rías Baixas e a provincia de Pontevedra confirman a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa nos pasados anos un importante ascenso e que no que vai de verán está a manter os bos resultados. Así mesmo realizou…

Read the full description

balance económico do volume de negocio xerado por esta actividade. Durán Hermida indicou que en toda Galicia, a cifra de volume de negocio no sector auxiliar da náutica e o sector servizos das vilas portuarias superou os 2,5 millóns de euros, e máis de 1,7 millóns no referido á provincia de Pontevedra. Ante as cifras rexistradas, que van en consonancia coas dos últimos anos, Portos de Galicia mostra a súa satisfacción pola constatación da consolidación dunha actividade de importante impacto económico non só no sector portuario e náutico, senón no conxunto das vilas que acollen instalación náutico recreativas. Para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional, como a súa presenza recente nos salóns náuticos de La Rochelle e París, en Francia, ou a súa próxima participación en Fitur 2018.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.