Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A XUNTA DESTACA EN RIBADUMIA O POTENCIAL DO SECTOR DA CONSERVA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta destaca en Ribadumia o potencial do sector da conserva en Galicia, que supón o 3% do produto interior bruto e representa o 6,5% do emprego industrial. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitaron hoxe as instalacións de Conservas La Brújula. Ambos incidiron en que “o traballo de empresas como esta axuda a que Galicia sexa por terceiro mes consecutivo a Comunidade na que máis baixa o paro”. Segundo os datos publicados hoxe, Galicia rexistra un descenso do -11,49%: 22.942…
Read the full description
parados menos con respecto a maio de 2017. Neste sentido resaltaron “a unión de tradición e innovación desta empresa para achegar valor engadido aos seus produtos, facendo unha constante aposta pola internacionalización das súas vendas, que hoxe chegan xa a máis de 26 países, entre eles, Austria, Alemaña, EEUU, Francia, Hong Kong, Inglaterra, Irlanda, Italia, México e Portugal”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.