skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A COORDINADORA DE ANPAS DE VILAGARCIA SOLICITAN FORMALMENTE AS REPARACIONS NOS COLEXIOS

Membros da Coordinadora de ANPAS dos colexios públicos de Vilagarcía, achegáronse esta mañá ata o rexistro do Concello de Vilagarcía para presentar un informe no que se expón un listado de reparacións que solicitan á concellería de educación para os oito centros integrados no colectivo. Segundo a coordinadora, a presentación deste informe no rexistro ven dado despois de que cada centro fixera as correspondentes solicitudes de reparacións e notificacións de avarías e non obtiveran resposta por parte dos organismos nin se chegara a executar ningunha destas solicitudes. Por tal motivo, a…

Read the full description

Coordinadora de ANPAS esixe unha resposta concisa e real a cada un dos puntos que se solicitan e se nun prazo de 30 días non teñen contestación, aseguran dende a Coordinadora, procederán a tomar solucións alternativas para que os alumnos dos colexios integrados conten cuns centros que cumpran cunhas mínimas condicións de uso. O colectivo asegura que nos arquivos da concellería de educación xa teñen constancia dende fai tempo da maioría das avarías e reparacións que se solicitan, polo que se neste mes de prazo non teñen resposta, entenden que os organismos novamente estarían deixando de lado as súas peticións. Peticións que se centran principalmente nos arranxos e os cambios dos tellados dos centros que aínda contan con amianto e que tamén teñen filtacións de auga. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollíamos ás declaracións dos portavoces da Coordinadora, Juan Carlos Ameixeiras e Teresa Amoedo, tras a entrega do informe no rexistro do Concello.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.