Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MARCHA DE AGIS NON DANARA A XESTION DO EXECUTIVO
O xa tripartito de Sanxenxo asegura que a marcha do concelleiro de Roberto Agís do equipo de goberno non perxudicará a xestión dun executivo que consideran sólido. O alcalde, Gonzalo Pita, e os seus socios de goberno, David Otero do BNG e Coral González-Haba do PSOE, compareceron esta mañá para explicar a reestructuración do goberno local trala demisión do concelleiro de Sanxenxo Pode, transmitindo aos vecinos unha mensaxe de total normalidade, ademáis de agradecementos ao concelleiro Roberto Agís polo traballo realizado. Gonzalo Pita admitiu que a marcha de Agís se vía vir porque se lle…
Read the full description
notaba "certa incomodidade", pero non quiso entrar en detalles das razón esgrimidas polo seu ex socio de goberno durante o pleno no que anunciou a súa saída do executivo. En canto á reestructuración das áreas que dirixía o edil de Sanxenxo Pode, Cultura pasará a depender da nacionalista Sandra Fernandez Agraso, Xuventude e Festas serán asumidas por Jesús Sueiro de SAL e o tenente de alcalde do BNG, David Otero, dirixirá todas as competencias de Comercio. Un executivo que, dende agora gobernará en minoría pero coa tranquilidade de que Agís non pactará co PP para propiciar unha moción de censura e coa intención de consensuar co concelleiro de Sanxenxo Pode os temas que se leven a pleno. Así o explicaban na rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.