Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Cambados vincula comercio e mar na segunda edicion do desmarket
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados, a Asociación de Comerciantes Zona Centro e a empresa Nordelaina teñen xa todo preparado para a segunda edición do Desmarket, que se celebrará do 27 ao 29 de marzo no salón José Peña. Tralo éxito da primeira edición, que tivo máis de 5.000 visitantes, a idea é que de novo Cambados se converta durante eses días no centro da moda e do comercio. Pero este ano, tanto o Concello como os organizadores quixeron darlle ao evento unha nova orientación, vinculando o comercio co sector do mar como motor económico do municipio. Por elo…
Read the full description
nesta edición do Desmarket estarán presentes diferentes empresas conserveiras, depuradoras e mexilloeiros. Asimesmo, realizaranse visitas guiadas con Guimatur e os sowcookings estarán centrados en elaboracións con productos do mar de Cambados. Polo demáis, o evento mantén a súa esencia orixinal e incluirá desfiles do comercio local e concertos de música. Así nolo explicaban esta mañá o Concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, o presidente de Zona Centro, Juan Rey, e a representante de Nordelaina, Bárbara Abal, na presentación do Desmarket.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.