Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Comezan as expropiacions de 52 parcelas para a rotonda da devesa
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Diario Oficial de Galicia (DOG publica hoxe a urxente ocupación dos bens e dereitos dos terreos sobre os que se vai a executar a nova rotonda da PO-531 no lugar de A Devesa, en Pontevedra. O anuncio da Consellería de Infraestructuras permite declarar a utilidade pública destes terreos co obxectivo de continuar a mellora da seguridade viaria da estrada, nunha segunda fase do proxecto iniciado coas obras xa rematadas no acceso ao polígono de Sequeiros, en Barro. O proxecto define a execución dunha glorieta no Pq. 7+150 da PO-531, á saída do núcleo de…
Read the full description
A Devesa, coa que se reducirá de xeito significativo a velocidade da circulación na contorna e se facilitarán os xiros en condicións seguras. Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará co vial principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do Pq. 6+620. O orzamento desta actuación é de case 580.000 euros, sumando a obra e as expropiacións (52 parcelas), que roldarán os 47.000 euros. A obra executarase, trala súa licitación, nun prazo de seis meses, de xeito que se estima que a nova rotonda estea lista antes do verán do próximo ano, tal como avanzaba esta mañá o delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, durante unha visita á zona, acompañado polos veciños.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.