Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

RIBADUMIA CELEBRA A SUA PRIMEIRA ROMARIA DA MUSICA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ribadumia celebra este domingo a I Romaría da Música, un encontro organizado pola Banda Municipal e que mistura estilos de música dispares con actividades lúdicas e de animación para pequenos e maiores. A Romaria dará inicio ás 12 do mediodía coa apertura das postos de comida e as actividades lúdicas e musicais. Previamente, haberá unha xuntanza de motos e coches clásicos que sobre as 10 horas percorrerán a localidade e arredores. No programa musical estarán dúas bandas de música, a de Belesar e a Municipal de Ribadumia, dous grupos de rock e metal…
Read the full description
Sufre Mamón de Ribadumia e Treboada de Cambados, un cuarteto clásico de saxofóns, o Dextrum Ensemble de A Estrada, e a charanga As de Sempre de Cambados. Para xantar haberá churrasco e polbo a prezos populares. E en canto as actividades lúdicas realizaranse xogos tradicionais, obradoiros de pintura e maquillaxe infantil, e exhibición de zumba. Un Romaría da Música que tanto o Concello como os organizadores prentenden consolidar, tal como nos comentaba o alcalde, David Castro, e o representante da Banda Municipal, José Antonio Paz, na presentación do evento.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.