skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UN DEFICIT NA DEPURACION CAUSA DA MORTANDADE DO MARISCO NA RIA DE AROUSA

Un déficit de depuración das augas residuais urbanas é a causa da presencia de toxinas coliformes na ría de Arousa. Esta situación vese empeorada polos verquidos das depuradoras que provocan a baixa salinidade da auga e a mortandade do marisco. Así se desprende do estudio encargado polas confrarías da ría, xunto cos productores de mexillón e o Consello Regulador, ademáis da Plataforma en Defensa da Ría. A investigación foi realizada por biólogos da Universidade de Vigo durante o ano pasado co obxectivo de coñecer cal é a causa da alta mortandade do marisco nas augas arousás As análises…

Read the full description

leváronse a cabo en bancos marisqueiros de Cambados, Vilanova e A Pobra. O estudio foi presentado esta mañá na confraría de Carril, nunha rolda de prensa na que os pósitos reclamaron a implicación das administracións para que se fagan cargo da situación e e resolvan con urxencia o saneamento da ría. Conclusións desta investigación que desvelaban esta mañá o biólogo Ricardo Beiras, o Presidente dos Parquistas de Carril, José Luis Villanueva, e o patrón maior de Cambados, Ruperto Costa, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.