skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A XUNTA ABRIRA UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA A RECUPERACION DAS ZONAS QUEIMADAS

A Consellería de Medio Rural vai abrir unha liña de axudas que posibiliten a recuperación das zonas queimadas nos incendios rexistrados nas últimas semanas na provincia de Pontevedra. A titular do departamento, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá en Pontevedra cos alcaldes dos municipios afectados, entre eles os de Vilagarcía e Caldas, para avaliar os danos e priorizar actuacións. O primeiro será proceder á retirada de árbores queimadas e recuperar a cuberta vexetal. A conselleira sinalou que o lume é un problema de todos e incidiu na necesidade de manter limpas as faixas secundarias de…

Read the full description

xestión de biomasa, así como os polígonos industrias, os núcleos rurais e urbanos. Tamén matizou que está en mans de todos evitar danos maiores e para iso é preciso colaborar e facer cumprir a lei. Asemesmo, a titular de Medio Rural agradeceu a colaboración dos concellos nestas últimas semanas e o traballo realizado polos efectivos do dispositivo de loita contra os incendios forestais. Grazas á profesionalidade deste operativo, comentou a conselleira, dos 194 lumes rexistrados na provincia de Pontevedra na última semana, 147 quedaron en conatos, polo que a coordinación foi óptima.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.