skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VARELA VOLVE TENDER A MAN AOS GRUPOS DE ESQUERDA PARA O ORZAMENTO DE 2018

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, valorou esta mañá en rolda de prensa o acontecido no pleno da pasada tarde no que se aprobaron os orzamentos municipais grazas aos votos do edil díscolo de Esquerda Unida e do BNG. Na súa opinión, Somos debería ter enviado antes as súas propostas e non agardar ao último momento e o PP perde o tempo insultando ao goberno e o alcalde con declaracións “incoherentes”. Ademáis, Varela xustificou o posicionamento do concelleiro díscolos de Esquerda Unida, alegando que é a primeira vez dende o ano 2003 que un membro desta formación vota a favor dos orzamentos…

Read the full description

municipais. En canto ao BNG, o alcalde confirmou que tiñan propostas comúns e por eso non houbo problemas de negociacións. En todo caso, cara os orzamentos do vindeiro ano, tende á manda a todos os partidos de esquerdas e convídaos a empezar a traballar xa e presentar as propostas co tempo suficiente de chegar a acordos. Así o explicaba Alberto Varela nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. O grupo de goberno conseguiu sacar adiante o orzamento municipal para este ano que ascende a 27 millones de euros, un 2,62% máis que o ano pasado. Finalmente, foi posible grazas os apoios do edil díscolo de Esquerda Unida, Miguel Alves, e do BNG ,tras incluir no Orzamento boa parte das súas respectivas propostas. Os orzamentos aprobáronse nun tenso debate no que Alves, case fora do partido, volveu romper a disciplina de voto e con acusacións de transfuguismo por parte do PP tanto cara o concelleiro de Esquerda Unida como cara o alcalde.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.