skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

BATA CELEBRA CUNHA GALA O SEU 30 ANIVERSARIO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Asociación de Autismo Bata celebra o seu 30 aniversario cunha Gala que terá lugar este sábado 19 de outubro a partir das 17 horas no Salón García de Vilagarcía. A Gala estará presentada por catro persoas con Trastorno de Espectro Autista e contará coa presencia do investigador Ángel Carracedo e o doutor Luis Simarro. Ademáis de charlas e reflexións sobre vivencias e experiencias relacionadas co espectro autista, a cita contará coa actuación da Asociación Nos de Sobradelo na que usuarios de Bata tamén aprenden baile galego ou a tocar a pandeireta…

Read the full description

Asimesmo, Bata fará entrega de dous dos seus premios "Patacón" a colaboradores da asociación que axudan á inclusión deste colectivo na vida diaria. A Gala foi presentada esta mañá na sede da Asociación por parte do presidente do colectivo, Mario Trigo, acompañado da vicepresidenta Mónica Santos e da concelleira de servizos sociais de Vilagarcía, Tania García.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.