skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CATALINA GONZALEZ ASEGURA QUE NON HAI IRREGULARIEDADE NO URBANISMO DE SANXENXO E QUE NON VAI DEMITIR

A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, asegura que non demitirá a consecuencia da sua imputación por prevaricación e tráfico de influencias nas investigacións abertas polo xulgado de Cambados que instrue o caso das supostas irregulariedades en varios expedientes urbanísticos da localidade, e que afectan ós chaléts de Dorrón, ubicados ó carón do cemiterio, a un edificio da rúa Progreso, á reforma da vivienda do aparellador municipal e a zona residencial en Bascuas. Catalina González compareceu esta mañá ante os medios para confirmar que no urbanismo de Sanxenxo non existen irregulariedade…

Read the full description

e amosar a súa disposición a colaborar coa xusticia na súa declaración que terá que prestar ante o xuiz o vindeiro venres ás 9 da mañá. Dixo non ter nada que ocultar, pero tamén se amosou disposta a chegar ás ultimas consecuencias despois de que todo se resolva. Tamén asegurou sentirse respaldada polo seu partido, ante o que puso o seu cargo a disposición, e tamén polo resto do equipo de goberno. A imputación por prevaricación e tráfico de influencias, parte da denuncia de tres particulares nun entorno que, Catalina González calificou “de xente molesta” porque quedou apartada da xerencia de urbanismo do concello. Neste sentido amosouse sorprendida de que non estea imputado como testigo nin imputado Francisco Villaverde, concelleiro no momento en que se otorgou a licencia da zona residencial de Dorrón. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos a rolda de prensa íntegra de Catalina González e que podes descargar e escoitar.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.