Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A FESTA DA AUGA CUADRUPLICARA A PRESENCIA POLICIAL E TERA MAIS CONTROIS DE TRAFICO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía e Cambados celebraron esta mañá as súas respectivas Xuntas de Seguridade Local cara aos próximos eventos festivos que congregarán en ambas vilas a multitude de persoas. No primeiro caso, as celebracións das Festas de San Roque de Vilagarcía e, sobre todo, a Festa da Agua, estarán reforzadas este ano con maior presencia policial. As forzas de seguridade do Estado incrementan catro veces máis o número de axentes da Policía Nacional con respecto ao ano pasado mediante membros chegados dende outros municipios. Asimesmo, Tráfico establecerá máis…
Read the full description
controis de alcohol e drogas dende a noite véspera do 16 de agosto. Así se acordou na Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá en Vilagarcía para establecer a coordinación dos operativos de seguridade, presidida pola Subdelegada do Goberno, Maica Larriba, acompañado do alcalde Alberto Varela. Igualmente, como xa avanzara o goberno local, as Festas de San Roque terán un Punto Lila instalado na Praza da Segunda República como referente para as mulleres que poidan solicitar axuda en calquera situación de inseguridade ou violencia. Ademáis, tamén se analizou a evolución dos índices de criminalidade na vila durante os últimos seis meses, que, segundo os datos da Subdelegada, descenderon un 40% con respecto ao ano pasado. Tamén Cambados celebrou hoxe a Xunta de Seguridade Local para abordarán os aspectos relativos a la Festa do Albariño, que empeza o vindeiro mércores. Concretamente, analizáronse as dotaciones de medios humanos e materiais, a coordinación entre os diferentes cuerpos ou o funcionamiento do puesto de mando avanzado, que inclue videovixilancia. A Alcaldesa Fatima Abal e o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Tino Cordal, estiveron presentes na reunión de traballo xunto ao coronel xefe provincial da Garda Civil, Simón Venzal e outros reponsables do operativo organizativo desta edición do Albariño. No encontro, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba puido comprobar toda a coordinación necesaria para o bo desenvolvemento destes festexos, mantendo a súa preocupación para seguir traballando na seguridade tan necesaria nas celebracións estivais
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.