Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS RENOVARA A SUA FACHADA MARITIMA COA REMODELAICON DA PRAZA DE ABASTOS
As obras de remodelación da praza de abastos de Cambados iniciaranse a finais de ano cun investimento de preto de 4 millóns de euros, financiados por Fomento, a Xunta, o Concello e a Deputación de Pontevedra. A actuación asúmese coa pretensión de renovar a fachada marítima do municipio xa que inclue o derribo de tres edificios: a praza actual, outro de Portos e a Lonxa Vella. Cambados terá así un novo espazo para albergar a praza de abastos, que quere converterse en «referente na comercialización de produtos de calidade», además de nun elemento de dinamización do casco urbano cambadés…
Read the full description
Incluirá a reserva de espacio para servicios como guardería, áreas de degustación e restauración, e establecimientos adicados «a produtos elaborados propios da zona». Por estes motivos, os placeiros deberán adaptarse ás características do novo espazo e, entre outras cambios, deberán abrir pola tarde. En definitiva, tratase dun proxecto moi importante para Cambados, non só polo turismo, senón tamén polo que supón para a economía, o comercio e a pesca. Os datos concretábanos esta mañá o Presidente da Institución Provincial, Rafael Louzán, e o alcalde Luis Aragunde, no acto de sinatura do convenio entre ambas administracións a través do que a Deputación asume a redacción do proxecto cun importe de algo máis de 72.000 euros, ó quedar este aspecto fora do convenio coas outras administracións. Declaracións de Luis Aragunde e Rafael Louzán na sinatura do convenio entre ambas administracións e que recollíamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.