Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Retiran mais de sete toneladas de refugallos dos fondos mariÑos de vilanova e o grove
As dársenas de Vilanova e O Grove formaron parte este ano, xunto coas de Bueu, Cesantes e Baiona, do Plan de Limpeza de Fondos Mariños que anualmente realiza Portos de Galicia nos peiraos da provincia. No conxunto dos cinco portos, un equipo de cinco mergulladores, apoiados en terra pola empresa concesionaria, retiraron un total de 18 toneladas de resíduos, a meirande parte no peirao de Meloxo, en O Grove. A maior parte dos resíduos son elementos habituais do traballo mariño, como rodas, cabos, nasas ou áncoras pero tamén nesta ocasión atopouse un motor fora a borda ou un skatebord que caeron…
Read the full description
de xeito accidental. O obxectivo do Plan de Limpeza de Fondos Mariños é preservar a seguridade na navegación, mellorar o hábitat da fauna mariña e concienciar á poboación da necesidade de manter os fondos do mar en perfectas condicións cara o futuro. O balance do traballo realizado fixoo esta mañá en Vilanova o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha comparecencia ante os medios que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.