Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UN VIAL PERIMETRAL CEDIDO POR FOMENTO MELLORARA O ACCESO O HOSPITAL DO SALNES
Os accesos ó Hospital do Salnés melloraranse coa construcción dun vial perimetral no tramo comprendido entre o hospital e a estrada de Baión. Trátase dun camiño que decorre paralelo a autovía e que na actualidade resulta case intransitable. Será cedido polo Ministerio de Fomento para incorporar á rede viaria do Hospital do Salnés. Así se acordou no encontro de traballo que esta mañá mantiveron o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, e os alcaldes de Vilagarcía e Vilanova, Tomás Fole e Gonzalo Durán, con técnicos de Fomento para avanzar nas xestións de mellora dos accesos ó centro comarcal…
Read the full description
Trala reunión, realizaron un percorrido pola zona en cuestión para comprobar in situ as actuacións a realizar e comprobar o estado das obras de explanación do terreo do novo aparcadoiro provisional. Dábanos máis detalle de todo elo o Presidente da Deputación Rafael Louzán nunhas declaracións ante os medios que recollíamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.