Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O 99 POR CENTO DOS ERTES PRESENTADOS NA PROVINCIA FORON TRAMITADOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Máis de 87.400 traballadores da provincia de Pontevedra acollidos a un #ERTE viron recoñecida a súa prestación e #abonada na súa conta. Ademais foi aceptada a prestación por #desemprego a outros 18.557 traballadores que tamén a cobraron, “o que #supón un 99% de expedientes de ERTES tramitados que foron aprobados”. As cifras, que se contabilizan ata o 25 de maio, foron facilitadas esta mañá pola Subdelegada do Goberno en Pontevedra, #MaicaLarriba, tras unha reunión coa Directora Provincial do SEPE en Pontevedra, Marta Estrada, para #avaliar a situación…
Read the full description
actual das tramitacións correspondentes ás diferentes axudas e prestacións que se puxeron en marcha por parte do Goberno de España por mor da Covid-19. Larriba tamén recoñeceu “os #problemas e erros cometidos que xeraron certa intranquilidade” e pediu desculpas aos cidadáns. Pero tamén quixo recoñecer, “para ser xustos, o tremendo #esforzo que fixeron os funcionarios”. “O cambio de cinco a dez días nos prazos de presentación, dependende da Xunta, supuxo unha maior #ralentización nas tramitacións. Por iso, o propio Ministerio promoveu iniciativas de colaboración coas entidades bancarias para #adiantar os pagos sen necesidade de esperar aos ingresos do 10 de cada mes”, sinalou Larriba. A subdelegada do Goberno engadiu que “a pesar destes atrasos, máis de 100.000 traballadores e traballadoras da provincia de Pontevedra #recibiron máis de 101 millóns de euros nos dous últimos meses polas prestacións de desemprego e a especial por ERTES”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.