Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O BO ESTADO DA MADEIRA ACETILADA DA ESTACION MARITIMA DE VILANOVA GARANTIZA A SUA PERDURABILIDADE
O edificio da Estación Marítima de Vilanova de Arousa, creado hai ano e medio, recibiu esta mañá a primeira comprobación do estado da madeira acetilada coa que se construiu a infraestructura. Trátase da primeira construcción que se realiza en España con este novidoso material, a través dun tratamento que permite unha maior durabilidade nos acabados e tamén fronte ó ataque de fongos, o que permite alcanzar unha vida útil duns 60 anos, con revisións cada 5. Ademáis o tratamento non incorpora biocidas e a madeira empregada procede de plantacións cunha xestión certificada. Para comprobar o estado…
Read the full description
da madeira neste primeiro ano e medio dende a súa construcción, os arquitectos que elaboraron o proxecto e os técnicos da empresa constructora achegáronse esta mañá o Edificio Portuario, acompañados polo presidente de Portos de Galicia José Juan Durán. Tanto técnicos como arquitectos consideraron que a madeira se encontra en perfecto estado co paso deste ano e medio e que se manterá sen necesidade de ningunha actuación ata dentro de 5 anos. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións do xefe de Area do CIS MADEIRA, Manuel Touza, e o presidente de Portos de Galicia José Juan Durán.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.