Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A DEPUTACION DEMANDARA A GONZALO DURAN POR INCITACION AO ODIO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As declaracións do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, nas que chamaba á presidenta da Deputación “chacha para todo” do “ancián” alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiron esta mañá a resposta por parte da institución provincial. Carlos López Font, como voceiro do goberno provincial, anunciou que a Deputación “presentará unha demanda contra o rexedor vilanovés ante os ataques, violencias machistas e pola posibilidade de incitación ao odio”. “Non imos consentir este ataque machista, clasista e fascista, e menos dunha persoa que se reitera nos ataques á…
Read the full description
Presidenta polo feito de ser muller. Agradecemos os milleiros de mensaxes de apoio que estamos a recibir", dixo López Font. “Debemos desterrar este tipo de insultos porque non son algo normal. Non entendemos como o presidente e vicepresidente da Xunta aínda non saíron a condenar nin dar explicacións destas declaracións, nin o da Secretaria da Xunta”, engadiu. Ademáis, o voceiro do goberno provincial afirmou que “se a Secretaria de Igualdade non sae condenar estas palabras quedará inhabilitada das súas funcións. Esiximos condena, explicacións, que expliquen se tomarán decisións ou serán cómplices do aínda alcalde e a súa dimisión". Asimesmo, volveu pedir a demisión de Gonzalo Durán asegurando que “non pode continuar un minuto máis como representante da cidadanía unha persoa que fai este ataque contra as mulleres” Igualmente, López Font dixo que a Presidenta Carmela Silva non se volverá pronunciar publicamente sobre este asunto.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.