Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS CREA UN GRUPO DE APOIO PARA VICTIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA
O Concello de Cambados crea un grupo de apoio para mulleres víctimas da violencia de xénero como espazo para compartir a superación de maltratos e que sirva ao tempo como rede solidaria de axuda entre elas. O programa desenvolverase entre xullo e setembro no centro social da Merced ao longo de doce xornadas con temática variada que lles axuden a sair adiante nunha nova vida. Unhas 15 mulleres do municipio participarán nesta iniciativa na que abordarán temas como o dó pola perda da relación, os tipos de violencia, dereitos sexuais, estratexias de sobrevivencia ou administración de recursos…
Read the full description
económicos. As xornadas estarán coordinadas pola psicóloga xurídica Mónica Novas, tamén técnica do CIM do Salnés. A iniciativa está financiada pola Consellería de Igualdade da Xunta cun importe de 3.000 euros. Os detalles coñecémolos esta mañá na presentación do programa por parte da alcaldesa Fátima Abal e a coordinadora do mesmo Mónica Novas, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.