skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS ORGANIZA UN PASEO BENEFICO ENTRE VIÑEDOS NO PROGRAMA DO 25N

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados ten preparado a programación relacionada co Día contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro. Este ano, como novidade incorpórase unha iniciativa solidaria organizada dende a Concellería de Enoturismo. Será “Un paseo entre viñedos”, en beneficio da asociación Esmar, que terá lugar o domingo 17 de novembro ás 17 horas, coa colaboración coa Adega Condes de Albarei e a Fundación Manolo Paz. No percorrido polos viñedos de Condes de Albarei un técnico da adega irá explicando aos asistentes os cuidados e procesos…

Read the full description

que requiren as viñas. Unha vez na Fundación Manolo Paz procederase a unha degustación de viños de Condes de Alberei e aperitivos. A saída haberá un peto para quen queira colaborar con Esmar. Xa o propio día 25, Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, procederase á tradicional lectura do manifesto institucional ás 12 horas na Praza do Concello. A programación complétase cunha charla sobre novas iniciativas na loita contra a violencia de xénero, o día 26 ás 19 horas en Exposalnés. E no eido educativo, os alumnos de secundaria dos centros do municipio recibirán formación sobre a diversidade durante os meses de novembro e decembro. Un programa de actividades transversal que tamén pretende fomentar a igualdade entre áreas e colectivos, ademáis de entre homes e mulleres. Así nolo contaban esta mañá a Concelleira de Enoturismo, Cruz Leiro, e a alcaldesa Fátima Abal, no acto de presentación.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.